domingo, 15 de abril de 2012

Menos violencia y más fútbol .



O autobús que trasladaba ao Deportivo da Coruña foi recibido á súa chegada a Balaídos por unha choiva de obxectos, sobre todo botellas de cristal, que caían desde onde estaban situados os afeccionados máis radicais do Celta de Vigo, o que obrigou á Policía Nacional a intervir. Un incidente que se pode considerar o único que se viviu na previa do clásico galego, xa que os seguidores do Dépor que se desprazaron a Vigo non tiveron demasiados problemas para entrar no estadio, a pesar de que chegaron camiñando desde a estación de Guixar.

 Durante o partido, os afeccionados do Celta non pararon de dedicarlle berros ao seu eterno rival, así como á maioría dos deportivistas que estaban situados na bancada de Río Alto.
 Ademais, na recta final da primeira parte, o colexiado catalán Miranda Torres tivo que apercibir ao delegado de campo coa suspensión despois de que ao internacional mexicano do Deportivo, Andrés Gardado, caese unha botella de plástico cando intentaba sacar un córner.



Sempre celta .


No hay comentarios:

Publicar un comentario